A forma de representación da Terra nun mapa experimentou un antes e un despois cando Gerard Mercator creou a súa proxección en 1569.

Xurdiu por motivacións militares, tal e como adoita suceder tanto na Historia como na actualidade cós instrumentos e tecnoloxías cartográficos. En concreto, resultou especialmente útil para a navegación marítima, xa que a proxección de Mercator convirte en rectas as liñas circulares, meridianos e paralelos, polo que resulta moito máis apropiado para trazar as rotas.

 

museovirtual.csic.es

Debemos ter en conta que ningunha proxección cartográfica pode representar á Terra fielmente, porlo que sempre terá que facer uso de distintas distorsións.

No caso da proxección de Mercator, pertence ó grupo denominado como «cilíndricas», xa que dende o centro da Terra se proxecta a superficie terrestre sobre un cilindro tanxente ó longo do Ecuador.

Para representar a Terra nun mapa, éste debería ser circular, polo tanto, para representalo coma unha superficie plana, faise partindo a superficie terrestre coma se foran os cuarteiróns dunha laranxa.

Debido a esta representación, a proxección só é válida entre os 70º Norte e Sur, é dicir, non é apta para a representación dos Polos.

Dende a súa creación, a proxección de Mercator foi unha das máis utilizadas ó longo da Historia e incluso tamén na actualidade, con versións modernas que tratan de amortecer e corrixir as súas deficiencias e principais distorsións, como é o caso da UTM (Universal Transversal de Mercator).