Cando se ofrece un dato altimétrico dalgún obxecto ou territorio, sempre especificamos que se trata dun dato “sobre o nivel do mar”. Pero en topografía, como ciencia matemática e exacta que é, non podemos falar do nivel do mar sin máis, senón que nos referimos a un punto concreto e con valores e ubicación concretos tamén.

No caso da península, que non nos arquipélagos, este punto é o chamado nivel cero do mar, e se atopa en Alicante. Como todos sabemos, o mar é un terreo inestable debido ás constantes baixadas e subidas das mareas. Iso dificulta enormemente a realización de medicións que resulten fiables e inequívocas.

A finais do século XIX levouse a cabo o establecemento da Rede Nacional de Nivelación. Foi neste momento cando se escolleu a costa alicantina para marcar alí o punto de partida. E os motivos son moitos. As mareas alí son sometidas a moi pouca oscilación e trátase ademáis dunha zona moi estable, tanto xeolóxicamente como climatolóxicamente, xa que Alicante, en principio, non está sometido a fenómenos meteorolóxicos excesivamente agresivos.

Imaxe: Turismo de Alicante

Este punto aparece marcado cunha placa no primeiro chanzo do Axuntamento de Alicante. Este punto é considerado a cota NP1. Para extender a nivelación ó resto do territorio peninsular utilizáronse a vías do ferrocarril. Por aquel entón, eran unhas infraestructuras que se atopaban en pleno auxe de construción. O ferrocarril precisaba de poucas pendentes e un percorrido regular, polo que resultou do máis idóneo para establecer puntos de nivelación. Estes datos de nivelación tamén resultaron moi interesantes para as empresas construtoras. Foi, polo tanto, un acordo moi beneficioso para todos.

Foron naquel entón 92 liñas altimétricas que formaron parte da primeira Rede Xeodésica Altimétrica de España. As cotas NP adoitaban colocarse nas estación ferroviarias. Así pois, cando volvan a visitar unha estación de tren, non se esquezan de buscar a placa da cota NP, porque seguramente haberá unha.