O xenial e visionario Albert Einstein xa o alertou no seu día, cando dixo: «Si a abella desaparecera do planeta, ó home só lle quedarían catro anos de vida». A base de todo iso ten lugar no proceso de polinización. A abella e outros insectos son os encargados de transportar polen dunhas plantas a outras, favorecendo o seu desenrolo e reprodución. É así cómo se xera o groso da cadea alimenticia das especies animais.

A desaparición das abellas causaría unha grave crise alimenticia.

No caso do home, os datos revelan que a abella é a responsable do 70% da nosa alimentación, aínda que hai cifras que indican que incluso serían do 90%. É certo que, ante a hipotética desaparición das abellas, non estaría de todo sen fornezo de alimentos vexetais, debido a que hai plantas que polinizan por outros medios. Iso si, sería unha alimentación realmente pobre e limitada.

Nas últimas décadas a desaparición de colmeas chegou a cifras alarmantes. É dicir, se en 1988 había ó redor de 5 millóns de colmeas, en 2015 esta cifra fica reducida á metade, o que dou lugar a que en moitos casos a abella fose sometida a fortes plans de protección.

A gran redución das colonias de abellas pode que sexa debida a múltiples factores. En efecto, os expertos non se poñen dacordo á hora de enumerar as principais causas, seguramente, porque todas teñan algunha implicación. No que si hai consenso é no enorme dano que fixo o uso indiscriminado de pesticidas e fertilizantes, moitos dos cales están encamiñados a exterminar insectos que producen vida.

A chegada de novas tecnoloxías poñen a nota de esperanza no futuro. Coa axuda da concienciación de todos, pódense poñer en práctica técnicas non invasivas como a Agricultura de Precisión. A utilización de drons, unha ferramenta limpa e respectuosa có medio ambiente, e unha cámara fotográfica multiespectral, é posible realizar o cálculo de índices, coma o NVDI. Todo iso vai dar nun uso intelixente de ferlitizantes e pesticidas, xa que se aplicarían unicamente sobre aquelas zonas con especies que o precisen, algo que o NVDI indica. Isto evita o uso indiscriminado destas substancias.

E esta é só unha das súas moitas vantaxes, aínda que se trata dunha moi importante. Como dicíamos, nada disto será posible sen o compromiso dos sectores agrícolas e da Administración. É necesario tamén que todos nos concienciemos da importancia e o bó funcionamento da cadea ecolóxica. O futuro xa é presente, só nos queda deixalo pasar.