Dende o mes de xuño, unha pequena selección de fotografías de paisaxe de Súmar Xeomática locen nas paredes do Restaurante A Meca, localizado no paseo do Xufre na Illa de Arousa. Trátanse de cinco imaxes da costa galega, de temática marítima polo tanto, e con predominio das cores ocre e azul. As fotografías están realizadas en papel Hahnemüle Art Pearl, Hahnemüle Photo Rag e Hahnemüle Fineart sobre base de Kapafix 10 mm, cunhas medidas de 60 x 40 cm. As paisaxes que poderán atopar nesta selección son as destes cinco lugares imprescindibles e emblemáticos da nosa xeografía.

– Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo)
– A Torre de San Sadurniño, en Cambados (Pontevedra)
– San Vicente do Mar, O Grove (Pontevedra)
– A Ponte da Illa de Arousa (Pontevedra)
– Praia de Foxos, en Sanxenxo (Pontevedra)

A exposición continuará durante todo o verán, polo que aínda son moitas as oportunidades das que dispoñen para saborear do mellor marisco, o da Arousa, ó tempo que uns anaquiños de nós lles fan compaña. Esperamos que lles gusten!