Hoxe achegámoslles a curiosa historia que ven da man da topografía clásica, a de tres grandes personaxes históricas cós que compartimos profesión. Os tres foron homes fundamentais na Historia dos Estados Unidos e comparten a famosa escultura realizada nas rochas do Monte Rushmore, en Dakota do Sur, xunto con Roosevelt. Falamos do tres presidentes dos Estados Unidos máis carismáticos e lembrados, George Washington, Thomas Jefferson e Abraham Lincoln, e un pasado común para os tres: que antes de presidentes foron topógrafos.

O que fora gobernador de Illinois, Abraham Lincoln, có aparello que utilizaba para medir as terras.

Por aquelas décadas, nos albores da que tempo máis tarde acabaría sendo a primeira potencia mundial, era extremadamente importante a repartición da terra, xa que eran uns poucos os colonos que se enfrontaban a un enorme terreo virxe que sería a chave do seu futuro naqueles lares inhóspitos, o que condicionaría a súa riqueza ou a súa pobreza. Polo tanto, non nos pode estrañar a importancia e responsabilidade da profesión de topógrafo, e máis nunha época na que se dispuña de material moi rudimentario para a medición das parcelas. Ou tamén pode que sexa por iso de que, «o que reparte lévase a mellor parte».

Jefferson foi o que tivo estudos e profesións máis multidisciplinares, mentres que o primeiro presidente dos Estados Unidos e o que aboliu a escravitude foron topógrafos do condado. Existen estatuas e retratos dos tres cós seus respectivos instrumentos de traballo e en Springfield, Illinois, incluso existe un museo dedicado á figura do presidente Lincoln e a súa profesión de topógrafo.

E é que máis importante incluso que a propia circunstancia da profesión de xuventude destes grandes homes, o son os aparellos que utilizaban. Porque, aínda que rudimentarios, a unión da artesanía cós intentos tecnolóxicos da época, fan que sexan dignos dun museo e todo un luxo que nos gustaría ter de adorno no salón da nosa casa.