Estar no medio da nada, no confín do mundo ou no medio de ningunha parte, é posible, aínda que non moi aconsellable. Ese lugar imaxinario existe e é real, ten situación e unas coordenadas precisas. É coñecido coma o polo de inaccesibilidade do Pacífico, pero para evitar tanta complicación chámaselle simplemente “Punto Nemo”. Ven sendo aquel lugar da Terra máis afastado de calquera punto de accesibilidade. Aínda que hoxe sexa máis ben un nome de mascota, Nemo significa “ninguén” en latín, aínda que neste caso, este punto no medio da nada recibe o seu nome da personaxe do xenial Xulio Verne, o Capitán Nemo.

Situado no medio do Océano Pacífico, o Punto Nemo conforma o centro dun triángulo formado pola Illa Ducie (Reino Unido) ó norte, a Illa Motu Nui do arquipélago da Illa de Pascua (Chile) ó nordeste, e a Illa Maher ó sur, pertencente á Artántida. Con elas forma un radio de 1,6 quilómetros de océano practicamente inexplorado, cunha profundidade de 3700 metros.

Situación do «Punto Nemo», no Océano Pacífico.

Debido a súa lonxanía, este punto está fora de todas as rutas marítimas, polo que os seres humanos que se atopan máis preto del son astronautas cumprindo diversas misións espaciais.

O descoñecemento da zona a converte nun escenario moi propicio para lendas e misterios. De feito, chegáronse a detectar alí terribles ruídos que impresionaron tanto, que os fixeron merecedores de recibir un nome , o “bloop”. Iso alentou as lendas sobre monstros mariños que supostamente habitaban na zona. Anos máis tarde, a NOAA estadounidense (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica), chegou á resolución de que os ruídos eran debidos ás enormes estruturas de xeo ó rachar.

Desgraciadamente, aínda sendo o lugar máis remoto da Terra, o Punto Nemo non se ve libre da acción do ser humano, pois é utilizado coma cemiterio mariño. Permanecen depositados alí, entre outros materiais, fragmentos de antigos satélites e incluso a famosa estación MIR.

Unha paradoxa, esta, que acompaña ó lugar que se atopa en ningures: nin así escapa da acción humana.