Pode que o termo Xeomática semelle recente, unha palabra que tímidamente escoitamos en certos sectores, pero sin a xeralidade das disciplinas que forman parte dela. Por ser, non é tan nova, xa que empezou a utilizarse en Canadá nos anos 80. Ademáis xa forma parte da ISO (Organización Internacional de Estandarización).

E é que a Xeomática non é máis que a unión de dúas palabras, Xeografía (é dicir o territorio e o seu estudo) e a informática. A súa aparición é debida sobre todo á revolución tecnolóxica que vivimos nos nosos días. Unha enorme cantidade de tecnoloxías e software que non fan máis que darlle ás e multiplicar as posibilidades e as aplicacións da Xeografía tradicional.

O antigo e o novo únense na Xeomática.

Por iso, a Xeomática engloba todas aquelas disciplinas que dunha forma ou outra teñen relación có estudo do territorio, dende a recollida de datos, a súa análise e interpretación, ata o seu tratamento e almacenamento e incluso difusión.

Algunhas das disciplinas unidas na actualidade na Xeomática son a Teledetección, os Sistemas de Información Xeográficos, a Topografía e a Cartografía, a Fotogrametría, os Sistemas de Posicionamento Global, etc.

Todas estas e outras moitas ciencias viven un momento de esplendor grazas ós avances informáticos, técnicos e robóticos que axudan ó desenvolvemento acelerado destas materias. Dende a aparición dos Sistemas de Posicionamento Global na vida civil, foi posible visualizar as enormes utilidades potenciais que poden contribuir a mellorar as nosas vidas.

Algo ó que tamén contribuíron o uso cotiá de aplicacións coma Google Maps, que conseguiron que todos os cidadáns sexan conscientes do poder da Cartografía. Da mesma maneira, todo é cartografiable e xeolocalizable. Todo iso aporta gran valor ós nosos traballos e negocios. A creación de mapas especializados e específicos dannos unha gran ferramenta sobre a que poder traballar.

E con iso ábrese todo un mundo do que non coñecemos os límites. Seguramente ningunha imaxinación é o suficientemente grande como para adivinar o que o futuro e a tecnoloxía nos depara no que se refire á evolución da Xeomática.