A tecnoloxía de teledetección óptica Lidar (as súas siglas en inglés significan Ligth Detection and Rangin) destaca e popularízase por moi diversos motivos. É sinxela, altamente precisa e ofrece unha enorme densidade de información do seu obxectivo.

Lidar é una mellora dunha tecnoloxía que xa existía hai máis de 30 anos e que medía distancias mediante ondas electromagnéticas. No caso do Lidar, o cálculo de distancias realízase mediante un sensor láser. A pulsación láser chega ó punto obxectivo e o tempo de regreso ó sensor é o que se utiliza para medir a distancia e a posición do obxectivo. O resultado son datos moi precisos x, y,z.

A toma de datos aéreos vive una auténtica revolución coa tecnoloxía Lidar.

O emisor láser vai transportado dentro dun vehículo aéreo, coma unha avioneta ou avión. Este aparello, o escáner láser, é o que determina a distancia entre o sensor láser e o punto do terreo que nos interesa. Na operación tamén intervén un GPS diferencial, que pode estar tanto noutro avión coma en varias estacións terrestres. A súa función é a de determinar a altura e a posición do escáner láser.

Os puntos obxectivos analizados e procesados únense no que se coñece como nube de puntos. Esta nube de puntos non é máis ca un conxunto de moitos puntos. Xuntos recollen todos os elementos que se atopan sobre o terreo con datos precisos de altimetría.

A nube de puntos xa tratada pode xerar modelos 3d sobre os que é posible realizar medicións e todo tipo de traballos grazas á súa alta precisión. A nube de puntos convértese así no instrumento máis útil e preciso ata o día de hoxe.

E o mellor de todo, e como estamos en plena idade do Open Data, os datos Lidar poden descargarse gratuitamente dende diversas plataformas. Por exemplo, dende a páxina web do Instituto Xeográfico Nacional.

Como se pode supor, a medición non se limita a datos do terreo. Lidar poder medir vexetación, edificios e todos o que se atope sobre o solo. Polo tanto, as posibilidades de aplicación multiplícanse.

As aplicacións Lidar esténdense a toda as actividades e disciplinas nas que intervén o territorio. É dicir, practicamente para todo.

Por exemplo, en topografía, para realizar modelos dixitais do terreo, seccións e demais. En enxeñería civil e infraestruturas, para estudos medioambientais e control da vexetación, para a realización de modelos 3d para arqueoloxía e patrimonio, etc.

Como diciamos, as posibilidades son practicamente infinitas. Agora solo temos que liberar a nosa imaxinación.